RESOLUCIÓN PARA A ELABORACIÓN DE LISTAS COMO PROFESOR ESPECIALISTA DE TÉCNICO DE CONDUCIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS NO MEDIO NATURAL
03 de Febrero de 2021

Resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor especialista nas ensinanzas no ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en condución de actividades físico-deportivas no medio natural

Resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor especialista nas ensinanzas do módulo profesional de “condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos” do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en condución de actividades físico-deportivas no medio natural (591705).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o XOVES día 4 de febreiro ata o día 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible XOVES día 4 de febreiro de 2021.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

TODA A INFORMACIÓN