BOLSAS DE TRABALLO CANTABRIA: MATEMÁTICAS INGLÉS
03 de Febrero de 2021

BOLSAS DE TRABALLO CANTABRIA

Resolución do 2 de febreiro de 2021, do Director Xeral de Persoal Docente e Ordenación Académica pola que se abre prazo para presentar ofrecementos para nomeamentos interinos/ as da especialidade de Matemáticas (006) con acreditación en Inglés, do Corpo de Profesores de Ensino Secundario (0590).

Documentación a achegar

A persoa aspirante deberá achegar na súa solicitude electronicamente e conforme ao manual de instrucións, a seguinte documentación (cada un deles nun único arquivo pdf)
Certificación académica persoal completa, con todas as materias cursadas, na que conste a nota media do expediente académico. No caso de que o título alegado estea composto por dous ciclos (ou por un primeiro ciclo e un curso de adaptación ao grao), débense achegar ambos os certificados coas súas respectivas notas medias que inclúan todas as materias cursadas.

Título ou títulos académicos necesarios para o desempeño do posto e a especialidade, dos recolleitos no Anexo II.

Título oficial de máster universitario en formación do profesorado ou equivalente.
Acreditación en inglés, a través dunha das seguintes opcións:
a) Acreditación da competencia comunicativa no idioma Inglés na Comunidade Autónoma de Cantabria.
b)Acreditación da competencia comunicativa no idioma Inglés noutra Comunidade Autónoma, condicionada a que o título ou certificación que serviu para acreditarse na devandita Comunidade Autónoma coincida con algún dos títulos ou certificacións
necesarios para acreditar a competencia lingüística na Comunidade Autónoma de Cantabria recollidos na Orde ECD/109/2013, do 11 de setembro (modificada pola Orde ECD/130/2017, do 4 de decembro, a Resolución do 23 de febreiro de 2015 e a Resolución do 16 de xaneiro de 2019). Por tanto, deberá achegar xunto á acreditación o título ou certificación que serviu para obtela.
c) Se non se dispón de acreditación en inglés, poderase achegar en todo caso algún dos títulos ou certificacións válidos para acreditar a competencia lingüística no idioma inglés na Comunidade Autónoma de Cantabria, que se recollen no Anexo III da presente resolución.

NOTA: O acceso estará dispoñible desde as 9:00 horas do día 4 de febreiro de 2021, ata as 14:00 horas do día 5 de febreiro de 2021

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

RESOLUCIÓN