AUXILIARES DE CONVERSA: CONVOCATORIA DE RENOVACIÓN E CONVOCATORIA PARA NOVOS/AS CANDIDATOS/AS
28 de Enero de 2021

AUXILIARES DE CONVERSA: RENOVACIÓN

Convocatoria para a solicitude de renovación das persoas auxiliares de conversa para o curso 2021/2022.

Centros públicos

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas aos participantes no programa de auxiliares de conversa en activo durante o curso 2020/2021 que desexen renovar no programa durante o curso 2021/2022.

Non se pode participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos.

LIGAZÓNS

INSTRUCIÓNS

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

AUXILIARES DE CONVERSA: NOVOS CANDIDATOS

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2021/2022. Solicitude de novos/as candidatos/as

O Ministerio de Educación y Formación Profesional abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2021/2022. Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana, portuguesa e rusa.

Dirixidas a graduados/as e estudantes universitarios/as no seu último ano académico dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica (francés ou inglés), Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China (chinés e inglés), Dinamarca, Estados Unidos, Federación de Rusia, Filipinas, Finlandia (inglés), Francia, Hungría (inglés), Irlanda, India (inglés), Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Polonia, Portugal, Reino Unido, Singapur, Suecia (inglés), Suíza (alemán, francés ou italiano) e Túnez (francés).

  • Prazo aberto ata o 06 de abril de 2021.

Ligazón á convocatoria:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha.html

Información:

CONVOCATORIA