APERTURA DE LISTAS PARA ENSEÑANZAS DEPORTIVAS DE GRAO MEDIO: VELA
26 de Enero de 2021

Resolución pola que se convoca procedemento para a elaboración de lista de interinidades e substitucións para impartir docencia nas ensinanzas deportivas de grao medio de vela no corpo de PES e de profesorado especialista

Resolución pola que se convoca procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas ensinanzas deportivas de grao medio de vela no corpo de profesores de ensino secundario (590710) e de profesorado especialista.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o MÉRCORES día 27 de xaneiro ata o día 9 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MÉRCORES día 27 de xaneiro de 2021.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base cuarta da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A

  • Resolución do 13 de outubro de 2020 de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.html)

  • RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas ensinanzas deportivas de grao medio de vela no corpo de profesores de ensino secundario (590710) e de profesorado especialista, nos centros docentes públicos que dependen desta consellería. (código de procedemento ED003A)

RESOLUCIÓN DOG

RESOLUCIÓN 26 DE XANEIRO