CONCURSO DE TRASLADOS PROFESORES DE RELIXIÓN
14 de Diciembre de 2020

ORDE do 25 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería.

Por Orde do 17 de xullo de 2007 regúlase a relación laboral do profesorado de Relixión e dítanse instrucións relativas á provisión de postos. No artigo 6 da citada orde prescríbese que a partir do inicio do curso académico 2009/10, as vacantes de Relixión que se produzan nos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade serán ofertadas a provisión, mediante concurso de traslados anual, entre o profesorado de Relixión que presta servizos no correspondente nivel educativo na Comunidade Autónoma de Galicia e que posúa o nivel de formación de perfeccionamento da lingua galega ou equivalente. Así mesmo, establécese que este concurso convocarase en datas similares ás convocatorias que se realicen para a provisión de postos correspondentes aos funcionarios docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

CONVOCATORIA DOG

LIGAZÓN PARA PARTICIPAR: https://www.edu.xunta.es/cxt/
- Orde do 12 de xuño de 2020 RPT RELIXIÓN (ver adxunto)
- Guía: FAI O TEU CONCURSO DE RELIXIÓN (ver adxunto)