CSIF ENSINO insta a Consellería de Educacción ao Ministerio,CCAA e aos Concellos a que revisen os protocolos de ventilación nas aulas ante a chegada do frío
-Reclamamos que se adapten as medidas preventivas contra o covid-19 ás recomendacións do Consello Superior de Investigacións Científicas
-Os centros escolares galegos seguen sen estar preparados para o inverno: a baixada de temperaturas complica a ventilación
23 de Octubre de 2020

CSIF ENSINO insta a Consellería de Educacción, ao Ministerio de Educación, ás CCAA e aos concellos a que instalen filtros HEPA ou dispositivos de purificación de aire portátiles nas aulas, como medida preventiva adicional á ventilación natural e ao uso das máscaras ante a chegada do frío.

Para o sindicato, é fundamental mellorar a calidade do aire nas aulas, que son espazos pechados, e hai que adaptar as medidas ás novas evidencias científicas para previr os contagios por vía aérea. As tarefas de mantemento dos centros corresponden a concellos e a comunidades autónomas.

Por iso, CSIF ENSINO no marco da supervisión e o seguimento que realiza das medidas preventivas anti Covid-19 nos centros educativos e ante a esperada baixada das temperaturas, dirixiuse por escrito ao Conselleiro para reclamar que se revisen os protocolos de ventilación nas aulas.

Reclamamos, ademais, que se adapten estes protocolos ás novas recomendacións do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), ante as evidencias científicas sobre o contaxio por aerosois e o maior risco de propagación do Sars CoV2 en espazos pechados.

O CSIC, nunha guía sobre a ventilación nas aulas para reducir o risco de contaxio establece as recomendacións para que a ventilación e a purificación do aire sexa eficaz. Entre as súas propostas, indica que se non se pode recorrer a ningunha medida de ventilación, débese purificar o aire con equipos provistos de filtros HEPA.

Neste sentido, CSIF ENSINO solicita alternativas para a purificación do aire das aulas, ben sexa a través de filtros HEPA ou calquera outra medida que evite dar clases en condicións indeseadas debido ao frío.

Estes dispositivos, que deben cumprir coa homologación europea, supoñerían un investimento relativamente pequeno, segundo os estudos realizados por CSIF, xa que para un espazo de 45 metros cadrados requiriríase un dispositivo con capacidade para 12,5 litros por segundo e ocupante, o que supón un custo que oscila entre os 100 e os 120 euros.

O funcionamento dos devanditos aparellos podería alternarse coa ventilación natural do espazo, co que mesmo poderían compartirse para varias aulas durante a xornada lectiva.

Nos pdf en anexo podedes ver todos os escritos presentados inclusivamente a carta ao Conselleiro de Educación no referente aos Filtros Hepa nas aulas galegas, ademais da guía de ventilación das aulas.