Mobilizacións e folga os días 10 e 16 de setembro por un ensino presencial con seguridade
CSIF, CIG, CCOO e STEG presentaron, nunha rolda de prensa conxunta, en Compostela as accións que promoven no marco da segunda fase de mobilizacións contra o protocolo da Consellaría de Educación
31 de Agosto de 2020

MOBILIZACIÓNS E FOLGA

CSIF, CIG, CCOO e STEG convocamos mobilizacións e folga os días 10 de setembro en Infantil, Primaria e Educación Especial e 16 de setembro no resto de niveis educativos para seguir rexeitando esta imposición da Consellaría e solicitamos a vosa colaboración.

Enviamos o enlace ao blogue creado como soporte destas mobilizacións no que poderedes ler o manifesto:AQUÍ

Solicitamos especial colaboración coa resolución para Claustros e Consellos Escolares nestes primeiros días de curso ao considerar necesario un debate e posicionamento nos nosos centros sobre a situación incerta e preocupante provocada pola decisión da Consellaría de manter o protocolo actual: AQUÍ

CONCENTRACIÓNS DIARIAS EN TODOS OS CENTROS

Propoñemos que todo o profesorado así como o persoal non docente se concentre cada día a partir do 1 de setembro ás portas dos nosos centros educativos polas mañás no horario que cada centro considere para amosar o noso rexeitamento ao protocolo e a demanda da rectificación da Consellería.

Podedes descargar material para imprimir directamente desde o blogue: AQUÍ

e compartilo nas redes sociais. Podedes enviar tamén as fotos ao correo escolacontracovid@gmail.com para poder centralizalas todas.

Por un ensino presencial con seguridade, movámonos contra o protocolo. #EscolaContraCovid