CSIF reclama 40.000 docentes e un gasto mínimo de 5.800 euros anuais por alumno/a para reconstruír a Educación
- Hai que blindar por lei o gasto educativo básico por alumno para garantir a igualdade de oportunidades ante posibles recortes.

- A pandemia agravará problemas endémicos do sistema: falta de investimento, abandono escolar, paro xuvenil e diferenzas entre CCAA.

- Propoñeremos ao Consello Escolar do Estado un Plan a medio prazo.
08 de Junio de 2020

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), sindicato máis representativo nas administracións públicas e con presenza crecente no sector privado, presentou hoxe un Plan a medio prazo coas bases para reconstruír a Educación tras o Covid-19. O sindicato reclama 40.000 docentes nun investimento mínimo por alumno/a duns 5.800 euros anuais.

CSIF presentará este Plan como unha alternativa ao documento do Consello Escolar do Estado para o comezo de curso 2020-2021 -ao que daremos o noso voto negativo-, durante o Pleno deste órgano consultivo o próximo 23 de xuño.

O parón das clases presenciais, a educación a distancia e a volta ás aulas o próximo curso confirman a urxencia dunha estratexia común que permita avanzar solucións para que ningún alumno/a quede atrás pola pandemia.

Con todo, advertimos de que as administracións están a tentar culpar ao coronavirus de problemas estruturais que persisten dende fai máis de trinta anos: falta de investimento, abandono escolar, paro xuvenil e diferenzas entre as comunidades autónomas.

No últimos dez anos, coincidindo coa anterior crise económica e os recortes nas CCAA, o persoal viuse mermado con 16.922 docentes menos -rompendo o esforzo na contratación realizada desde 1990- mentres que a ratio alumno/profesor aumentou de 16,09 a 16,29 alumnos por cada docente.

O curso 2020-2021 será moi complexo e é urxente acordar as condicións sanitarias e de prevención para a volta ás aulas. É inadmisible que se pretenda duplicar o traballo do profesorado reducindo ratios de alumnos por aula para manter a distancia de seguridade, pero sen unha dotación adecuada de recursos humanos.

Para reconstruír a Educación, expomos unha batería de medidas agrupadas en 5 grandes bloques, que se deben acometer de maneira gradual nos próximos cinco anos: Recursos Humanos, Atención ao Alumnado, Modelo Curricular, Profesorado e Investimento e Dotación tecnolóxica.

Desde CSIF, reclamamos:

- Reforzo dos cadros de persoal para a redución de alumnos por aula como medida de protección sanitaria. Equipos de Orientación completos con novos profesionais que xorden das novas problemáticas. Profesionais sanitarios en todos os centros docentes. Formación específica ao profesorado para novas tecnoloxías. Adaptacións de postos de traballo a docentes considerados persoas de risco.

- Investimento en Educación de ata un 7% do PIB. Blindaxe dun investimento mínimo por alumno/a duns 5.800 euros anuais. Plan de renovación de equipos e instalacións tecnolóxicas por centros educativos.

- Modelo curricular estable e máis simple, que atenda ás necesidades da pandemia mantendo os obxectivos de etapa. Probas finais establecidas polo Ministerio para corrixir as actuais diferenzas entre CCAA. Limitación da promoción automática. Proba única de acceso á Universidade en todo o país. Impulso á FP.

Pode acceder á rolda de prensa desde AQUÍ