INFORMACIÓN IMPORTANTE: OPOSICIÓNS 2020, DIRECCIÓNS, CADP, CÁTEDRAS E OUTROS TEMAS
CSIF INFORMA
26 de Mayo de 2020
CSIF ENSINO INFORMA

OPOSICIÓNS:

Queda fixado para o 1 de xuño a data de inicio do prazo de inscrición dos procedentos selectivos do 2020que terán lugar en xuño do 2021, a espera do informe da Asesoría Xurídica Central da Xunta.

DIRECCIÓNS:

As prórrogas solicitadas en tempo e forma serán concedidas.

A consellería aceptará as renuncias dos directores que obtiveron destino definitivo neste último CXT e valorará a posibilidade desa renuncia para aqueles que teñan destinos definitivos en CXT de anos anteriores.

CADP:

Publicarase a mediados ou finais de xuño, na data habitual.

CONCURSO DE CÁTEDRAS:

Publicarase a mediados de xuño.

NON SE CONVOCARÁN OS CONCURSOS DE:

Atención preferente, prazas sometidas a convenio, asesorías de CAFI e CFR e asesorías da Consellería de Educación.

PRÓXIMA APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN PARA SUBSTITUCIÓNS:

A Consellería prevé convocar múltiples listas de substitucións debido ao aprazamento dos procesos selectivos e en previsión das necesidades do próximo curso académico.

CHAVE 365 E CERTIFICADO ELECTRÓNICO:

As persoas con problemas para obtelos de cara a poder solicitar as comisións de servizo, poderán poñerse en contacto coa Subdirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para intentar solucionar a situación.

CONSULTA O CSIF INFORMA ADXUNTO

Ficheros Adjuntos: