UNHA VEZ MÁIS Á ESPERA
13 de Mayo de 2020

CSIF ENSINO reclamou na videoconferencia desta tarde coa Consellería, ANPAS e o resto de OOSS que o prioritario é empezar a traballar na preparación do vindeiro curso xa que non considera viable regresar aos centros o 25 de maio coas suficientes medidas de seguridade sanitarias ( ver motivos https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/296518 ).

A Consellería non clarificou a súa postura na conferencia sectorial de mañá máis alá de querer un aval documental por parte do Ministerio de Educación e do de Sanidade das medidas se deben tomar. Non clarificou tampouco cal será o proceder na nosa comunidade autónoma se non existise ese documento e remite unha vez máis a despois da conferencia sectorial de mañá.