CSIF ENSINO RECLAMARÁ A NON APERTURA DOS CENTROS EDUCATIVOS O 25 DE MAIO E ESIXE A NEGOCIACIÓN DUN PLAN DE REGRESO ÁS AULAS.
12 de Mayo de 2020

CSIF ENSINO reclamará na videoconferencia coa Conselleira e o resto de OOSS e federacións de ANPAS do Ensino Galego de mañá mércores as 17:00 os seguintes puntos:

Un Plan Preventivo como requisito fundamental para preparar a volta presencial ás aulas que en todo caso se debería producir en setembro, como xa reclamamos o 28 de abril (ver nova: https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/295522) onde recolliamos tamén unha serie de precaucións sanitarias que se deberían negociar (test masivos a alumnado e profesorado, desinfección completa dos centros antes da actividade e durante, redución de ratios, quendas de entrada e saída, uso obrigatorio de mascarillas para alumnado e profesorado facilitado pola administración educativa, dispensadores de xel hidroalcohólico, separación entre persoas e demáis…) incidindo tamén no carácter educativo dos centros e non no asistencial, como parece querer darlle a administración faltandolle ó respecto ós docentes con elo.

CSIF ENSINO solicitará unha vez máis que se reúna a Mesa Sectorial e os comités de seguridade e saúde laboral como fixo en todas as comunidades (ver nova: https://www.csif.es/contenido/nacional/educacion/295622 ) o pasado 30 de abril co fin de evitar calquera tipo de improvisación, debendo ter prioridade aspectos de saúde pública e educativos.

Estas cuestións tamén foron obxecto da intervención de CSIF na Permanente do Consello Escolar do Estado do día 5 de maio (ver nova: https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/295916 ).

O 6 de maio CSIF rexistrou xunto con outras OOSS un escrito ó Ministerio de Educación e Formación Profesional solicitando a convocatoria de Mesa Sectorial para negociar as condicións da posible volta á actividade docente presencial, cando esta se produza (ver nova: https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/296024 )

CSIF ENSINO tamén mostrará o seu desacordo coa aplicación dende o 11 de maio, dunhas recomendacións sanitarias provisionais a establecer nos centros educativos que, como se di no documento, se recollen das existentes para outros colectivos da comunidade autónoma pero que non eran de aplicación para o colectivo docente e polo tanto nunca foron negociadas polos representantes do profesorado.

CSIF ENSINO non está de acordo coa maneira de “non elaborar” esas recomendacións nin co contido das mesmas, por consideralas a todas luces escasas, e sobre todo mostrará o seu rexeitamento a que este poida ser o proceder se houbese unha incorporación antes de setembro ás aulas.

CSIF ENSINO esixe á Conselleira a non apertura dos centros educativos o 25 de maio nos termos nos que figura no plan de desescalada para garantir a seguridade e saúde dos docentes, persoal de administración e servizos e do alumnado, xa que as clases vía telemática están a contribuír a evitar calquera posibilidade de rebrote da pandemia.

O sindicato reclama que prevalezan os criterios de saúde pública e preguntará se está en disposición de garantir a seguridade dos traballadores e traballadoras dos centros educativos e do alumnado que se incorpore ás aulas, especialmente do alumnado da etapa de Infantil de maneira que se cumplan unhas garantías de seguridade sanitaria que descoñecemos oficialmente, pero que precisamente resultarían de difícil aplicación nesa etapa concreta.

CSIF ENSINO considera que a apertura dos centros pode poñer en perigo a saúde de todos se non se garanten as máximas medidas de seguridade e prevención.