OPOSICIÓNS GALICIA : CSIF ENSINO CONSIDERA INADMISIBLE A POSTURA DA CONSELLEIRA

8 de abril de 2020

CSIF CONSIDERA INADMISIBLE A POSTURA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN POLA SÚA FALTA DE SERIEDADE


 

 

Cando parecía que dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional se tomaría una decisión con respecto ós procesos selectivos convocados para xuño deste ano; como por outra parte, levan feito o resto de CCAA durante estas semanas, pois resulta que non… o que chega é una carta da Conselleira Dona Carme Pomar Tojo as OOSS na que gasta tres parágrafos para procurar non decir nada, para procurar non coller os dedos en ningún aspecto e para decir que so “cando finalice o novo período do Estado de Alarma,  se non se puidesen desenvolver con normalidade e garantías para a saúde de todas e todos os participantes, procederíamos a revisar os prazos”

NON É SERIO que a día 8 de abril (25 días despois de decretarse o Estado de Alarma), a única resposta por parte desta Consellería sexa que se hai una nova prorroga do estado de alarma se revisarán os prazos.

NON É SERIO en ningún caso esta resposta, pero menos despois de que xa o pasado 31 de Marzo coñecéramos pola prensa que a Consellería de Educación supeditaba as oposición a que o Goberno levantase o Estado de Alarma o 11 de abril.

NON É SERIO porque dende CSIF ENSINO lle reclamamos,  xa ese día 31 un calendario no que explicase cales eran as decisión que tomaría a Consellería en función dos distintos escenarios que se podían producir.

NON É SERIO polo tanto, esperar case un mes dende que o día 13 de marzo se publicou a convocatoria dos procesos selectivos e dende que o 14 se decretou o Estado de Alarma para mandar una carta que di que se revisarán os prazos tras outra prorroga, pero nin di en que sentido, nin di ata que data límite agardaría a Consellería na súa intención de manter o proceso.

NON É SERIO este proceder de cara os futuros docentes que hoxe tras semanas confinados non saben ainda a que aterse e ata cando agardar.

NON É SERIO este proceder hacia os representantes dos traballadores do Ensino Galego

Entendemos que non é de recibo a situación de incerteza á que se están vendo sometidos os opositores da nosa comunidade, cando xa todas as demais CCAA manifestaron claramente unha solución definitiva.

Desde CSIF ESIXIMOS XA unha postura clara e rotunda no concernente aos procesos selectivos, e demandamos da Administración que non manteña en vilo a miles de opositores nunha situación de pandemia sen precedentes como a que estamos a vivir neste momento.

 

POR UNHA POSTURA CLARA XA!!

COMPARTIR