CSIF esixe medidas extraordinarias do Goberno para que as CCAA actúen de xeito coordinado.

24 de marzo de 2020

 

Mañá reúnese a Conferencia Sectorial de Educación.

- Os profesores adaptáronse electronicamente ao novo escenario con total profesionalidade.

- O Ministerio debe ser proactivo e debe liderar a adaptación e flexibilidade de avaliacións e titulacións.

- Esiximos garantías respecto ás oposicións de 2020, garantindo que non se perda nin unha soa praza.

 

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), reclamou hoxe ao Goberno que coordine coas comunidades autónomas medidas extraordinarias para paliar os efectos do coronavirus sobre o ensino.

Dende o sindicato, con motivo da Conferencia Sectorial de Educación convocada para mañá pola ministra Isabel Celaá, transmitimos a preocupación dos docentes e pedimos á administración que reaccione con medidas de acordo co novo escenario de prorroga do estado de alarma.

Neste momento, tanto estudantes como profesores de todas as etapas educativas e das universidades de todas as comunidades autónomas reclaman unidade de acción e aínda están á espera dunha resposta coordinada para afrontar o curso con todas as garantías.

Pola súa parte, os docentes adaptáronse aos novos métodos e ao novo escenario da docencia telemática con total profesionalidade, garantindo o dereito á educación do alumnado e minimizando os efectos da interrupción das clases na aula.

Anticipar solucións

En CSIF, tamén defendemos que é necesario replanificar as avaliacións, adaptando os calendarios e esiximos unha única proba de acceso á Universidade.

Tamén queremos por o foco no alumnado de FP que precisa solucións urxentes, xa que existe o problema de non poder realizar as prácticas obrigatorias nos distintos centros de traballo a partir do mes de abril.

260.000 opositores en suspenso

Por último , dende CSIF subliñamos que nesta situación o Ministerio ten que liderar unha posición para evitar diferenzas entre CCAA de cara  ás oposicións a docentes previstas para o 20 de xuño. Esiximos que non se perda unha soa praza das previstas para as oposicións 2020, adaptándonos a esta situación de emerxencia sanitaria e buscando unha data común para a celebración das oposicións, garantindo sempre a saúde pública.

Están en xogo 27.789 prazas, ás que optarán  uns 260.000 opositores de todo o país, e hai unha gran incerteza ante un posible escenario de axuste que poña en perigo a convocatoria destas prazas este ano polo que dende CSIF esiximos que as convocatorias se manteñan co mesmo número de prazas e os opositores coñezan con suficiente antelación a celebración destas probas, xa sexan o 20 de xuño (non parece viable), noutra data se así se acorda, ou se se adían e pasan a celebrarse en xuño do 2021, e nese caso haberían de sumarse ás prazas da seguinte OPE. 

COMPARTIR