Intercambios Provisionais de prazas
11 de Julio de 2019

Modificación dos prazos de intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.

CONSULTE MODIFICACIÓN: AQUÍ

Prazo de presentación de solicitudes

1. Cando a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación,http://www.edu.xunta.gal para o curso académico correspondente sexa con anterioridade ao día 15 de agosto, as persoas obrigadas a participar no devandito concurso poderán optar por un dos seguintes prazos:

a) Dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da consellería.

b) Catro (4) días hábiles desde o día 1 de setembro. A resolución de autorización de intercambio provisional de praza terá efectos administrativos da data en que se dite e efectos económicos do día 1 de outubro.

2. Cando a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal para o curso académico correspondente sexa o día 15 de agosto ou con posterioridade a esta data, o prazo para as persoas obrigadas a participar no devandito concurso será de catro (4) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

3. O prazo para as persoas que non estean obrigadas a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais do curso académico correspondente será desde o día 15 de xullo ata o 31 de xullo».