OPOSICIÓNS 2019
CSIF INFORMA SOBRE O PROCESO
19 de Junio de 2019

INFORMACIÓN XERAL

  • COMEZO: terá inicio o 22 DE XUÑO do presente ano, ás 9.00 horas.
  • CHAMAMENTOS: o persoal aspirante será convocado para cada parte de cada proba en único chamamento e será excluído do proceso selectivo quen non compareza, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.
  • O acto de presentación é de asistencia obrigatoria, ten carácter persoalísimo e, en consecuencia, non se admitirán acreditacións nin poderes de representación.

De non participar no procedemento selectivo ou de retirarse deste, o persoal aspirante decaerá dos seus dereitos unicamente nas listas das especialidades convocadas e, se é o caso, da lista de orientación do corpo de mestres.

Unha vez comezado o procedemento selectivo, os tribunais deberán facer públicos os sucesivos chamamentos ao persoal aspirante nos locais en que teñan lugar as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/oposicions, con 24 horas, como mínimo, de antelación.

  • IDENTIFICACIÓN:o tribunal poderá requirir en calquera momento que o persoal aspirante acredite a súa identidade.

  • ORDEN DE ACTUACIÓN: a asignación de aspirantes por tribunal iniciarase polo persoal aspirante cuxo primeiro apelido se inicie pola letra Q.

Os tribunais que non conten con persoal aspirante cuxo apelido empece pola letra indicada iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

Os opositores han de ir provistos do orixinal en vigor dalgún dos seguintes documentos: DNI, permiso de condución, pasaporte ou documentos análogos.

  • EXCLUSIÓN DA FASE DE OPOSICIÓN: os tribunais terán a facultade de poder excluír do procedemento selectivo a aqueles aspirantes que leven a cabo calquera actuación de tipo fraudulento durante a realización das probas.

PARA VISUALIZAR O DOC. COMPLETO PREMA NAS IMAXES OU NO PDF ANEXO

Ver Galería