OPOSICIÓNS 2019
Corrección de erros relativas ás probas de Inglés, Informática, Bioloxía e Xeoloxía
14 de Junio de 2019

Corrección de erros relativas ás probas de Inglés, Informática, Bioloxía e Xeoloxía

No anexo V, páxina 13251,

Onde di: «Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica, das cales a persoa aspirante escollerá unha que, pola súa vez poderá constar de varias partes, agás na proba de identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos (coñecida como exercicio de «visu») da especialidade de Bioloxía e Xeoloxía, na cal os tribunais proporán unha soa opción».

Debe dicir: «Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica, das cales a persoa aspirante escollerá unha que, pola súa vez, poderá constar de varias partes, agás na proba de identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos (coñecida como exercicio de «visu») da especialidade de Bioloxía e Xeoloxía, así como na especialidade de Informática, nas cales os tribunais proporán unha soa opción».

Na páxina 13262, no corpo de profesores de E.o.i.: Inglés,

Onde di: «– Inglés. A partir dunha audición na lingua pola que se oposita proposta polo tribunal:

– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.

A partir dun texto escrito en prosa actual de carácter non exclusivamente literario proposto polo tribunal:

– Análise do texto tendo en conta: tipo e xénero textual, funcións comunicativas (principais e secundarias) e recursos estilísticos.

– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.

Unha tradución inversa dun texto actual literario ou xornalístico e unha tradución directa dun texto actual literario ou xornalístico proposto polo tribunal».

Debe dicir:

«– Inglés.

1. A partir dunha audición na lingua pola que se oposita proposta polo tribunal:

– Resumo da información que contén.

– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.

2. A partir dun texto escrito en prosa actual de carácter non exclusivamente literario proposto polo tribunal:

– Análise do texto tendo en conta: tipo e xénero textual, funcións comunicativas (principais e secundarias) e recursos estilísticos.

– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.

3. Unha tradución inversa dun texto actual literario ou xornalístico ou unha tradución directa dun texto actual literario ou xornalístico proposto polo tribunal».