CSIF insta a Carme Pomar a retomar os deberes pendentes en materia laboral e salarial para a mellora do ensino público
23 de Noviembre de 2018

CSIF insta a Carme Pomar a retomar os deberes pendentes en materia laboral e salarial para a mellora do ensino público

O sindicato pide abrir as negociacións para baixar o horario lectivo dos docentes como fixeron xa outras CCAA.

Os responsables de CSIF Educación reuníronse esta tarde coa Conselleira de Educación, Carmen Pomar, para explicarlle as súas principais reivindicación na defensa do ensino público.

O sindicato instou á responsable autonómica que comece a negociar en Galicia algúns dos avances conseguidos pola CSIF a nivel estatal ao reducir o impacto do Real Decreto-Lei 14/2012, que xa permite baixar, por exemplo, o horario lectivo, como de feito xa fixo algunha autonomía.

Entre as demandas do sector, CSIF incidiu na necesidade de reducir a xornada laboral aos maiores de 55 anos e de que se poñan as bases para reducir a porcentaxe de provisionalidade laboral, xa que a porcentaxe de temporalidade no ensino chega ao entorno do 12%, moi lonxe do 5% do que sempre fala a Xunta de Galicia.

Desde o punto de vista salarial, a CSIF destacou a importancia de avanzar na equiparación salarial respecto a outras CCAA, así como na recuperación do pago de verán aos profesores substitutos e na mellora das retribucións nos cargos con responsabilidade. Ademáis pediu unha responsable das materias afíns no ensino secundario.

Insistiu tamén na necesidade de reducir as ratios de alumnos por aula, aspecto que tanto a conselleira como o director xeral de centros e recursos humanos non contemplan.

Para o sindicato, é necesario que a nova conselleira retome os deberes que deixou nun caixón o anterior responsable autonómico.

Como ultimo tema da reunion mantida CSIF instou a conselleira a que medie ante a Axencia Tributaria para que non existan diferencias ou discriminacions entre as nais pertencentes a Seguridade Social e as pertencentes a clases pasivas en canto a retencions de IRPF na prestacion de maternidade