CSIF ENSINO INSTA A CONSELLERÍA A NEGOCIAR A ELIMINACIÓN DOS DESCONTOS POR ENFERMIDADE MAILA REDUCCIÓN DO HORARIO LECTIVO
15 de Mayo de 2018

CSIF ENSINO INSTA A CONSELLERÍA A NEGOCIAR A ELIMINACIÓN DOS DESCONTOS POR ENFERMIDADE MAILA REDUCCIÓN DO HORARIO LECTIVO

Mediante o seguinte escrito presentado por rexistro na Consellería dende CSIF ENSINO reclamamos da Consellería o inicio dunhas negociacións que o profesorado considera necesarias e que non se deben adiar máis

Santiago de Compostela, 9 de Maio de 2018

Sr Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

En CSIF Ensino cremos que despois de que recentemente se alcanzaran acordos no ámbito nacional na recuperación de dereitos dos empregados públicos e, por tanto, dos docentes (suba salarial entre o 6.12% e o 8,79%, ofertas amplas de emprego público, eliminación da obrigación de desconto por baixa médica, fondos adicionais, posibilidade de negociación da xornada lectiva e bolsa de horas de conciliación familiar) é necesario que a Conselleria se sente a negociar o desenrolo das clausulas do II Acordo para a mellora do emprego público e se estableza unha comisión de seguimento de dito acordo.

Dende CSIF ENSINO insistimos na urxencia desta convocatoria e consideramos que a Xunta de Galicia debe ser a primeira en abordar o desenrolo do acordo de mellora xa que foi a primeira comunidade autónoma que empezou a aplicar os recortes a este colectivo, tanto salariais como de persoal, de dereitos e das condicións laborais.

O acordo alcanzado co Ministerio de Hacienda inclue, xunto coa suba salarial para os próximos tres anos, unha serie de cláusulas cun contido que remite ó seu desenrolo mediante negociación. Por iso, para CSIF ENSINO é clave que, como punto de partida, se aborden xa os seguintes temas:

Ø Eliminación dos descontos en caso de Incapacidad Temporal.

Ø Propostas de reparto dos fondos adicionais da masa salarial (0,20% para o ano 2018, 0,25% para o ano 2019 e 0,30% para o ano 2020).

Ø Reducción ás 18 horas lectivas.

Ø Medidas en favor da conciliación do persoal empregado público.

Ficheros Adjuntos: