Ábrese o prazo para a solicitude de comisións de servizo por razóns de saúde desde o 15 de abril de 2013 ao 30 de abril de 2013.
15 de Abril de 2013

Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste primeiro prazo todos os docentes do corpo de ensinanza secundaria, profesor técnico de formación profesional, profesor de música e artes escénicas, profesor de escolas oficiais de idiomas, profesor ou mestre de artes plásticas e deseño e mestres que non estean participando no concurso de traslados.
SOLICITUDE DE PRAZAS BILINGÜES: As persoas interesadas en solicitar prazas bilingües, deberán estar habilitadas previamente a formular a solicitude de comisión de servizos. Para habilitarse deben achegar unha solicitude e a documentación establecida na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril de 2011) ao número de fax que de seguido se indica:
Profesorado de educación infantil e primaria: 881999241
Profesorado de educación secundaria, formación profesional e de réxime especial: 981545484.