O pasado xoves, 21 de marzo, tivo lugar a MESA SECTORIAL de acordo coa seguinte orde do día:
22 de Marzo de 2013

1 Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 28 de febreiro
2 Orde pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (1) (2) (3)
3 Orde pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia
4 Orde pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2013
5 Rogos e preguntas