Novas de Función Pública: Concurso de traslados e eleccións de destino de funcionarios de carreira

29 de abril de 2022

Información sobre concurso de traslados e eleccións de destino facilitadas polo Director Xeral de Función Pública no día de hoxe

1.- Elección de destino de procesos selectivos derivados da OPE 2017:

Nos próximos días do mes de maio, publicarase a listaxe de prazas para proceder á elección de destino definitivo dos funcionarios que se atopan en destino provisional respecto da OPE 2017 de acceso libre e promoción interna de corpos xerais.

As prazas a elixir serán vacantes “puras”. Excepción feita no Subgrupo A2 que, ao non ser suficientes as prazas vacantes puras para ofertar, se incluirán prazas ocupadas por persoal interino non afectadas pola Lei 20/21, do 28 de decembro, de reducción da temporalidade.

2.- Concurso de traslados de persoal funcionario de carreira de corpos xerais:

Unha vez rematen ditos procesos de elección de destino (sobre o días 20-25 de maio), publicarase no DOG a apertura de prazos posesorios do concurso de traslados de corpos xerais (data de apertura finais de maio/primeiros de xuño.)

Nota importante:

CSIF non se fai responsable da veracidade das información facilitadas polo Director Xeral de Función Pública nin, moito menos, do cumprimento dos prazos sinalados. CSIF unicamente transmite a ditas información aos traballadores afectados.

COMPARTIR