Borrador de postos a incluir na OPE extraordinaria do ano 2022 (Ley 20/2021)

28 de abril de 2022

Borradores iniciais de buzóns  remitidos pola Dirección Xeral de Función Pública para determinar os postos a incluir na OPE extraordinaria 2022, desagregados por tipo de proceso a desenvolver (Concursos ou Concurso Oposición). Incluén buzón de postos que segundo a intepretación inicial da DXFP non poden incluirse no ámbito da Lei 20/2021.

A maiores remiten tamén os buzóns de postos relativos ao Consorcio de I+B e a outros entes instrumentais.

 Buzón 1

  • Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión con anterioridade ao 01/01/2016 (<01/01/2016).

Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva.

Total 4098 postos

 Buzón 2

 Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión entre os anos 2016 e 2017: (>=01/01/2016<01/01/2018).

Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva.

Total 206 postos

Buzón 3

  • Inclúe aqueles postos ocupados por persoal indefinido non fixo que polas súas características especiais non están incluídos nos buzóns 1 e 2.

Total 50 postos

Nota (*):

Ininterrompidamente:  A estes efectos de documentos de traballo entenderáse ata un máximo de 3 meses sen ocupación.

Entes instrumentais:

Achéganse dous arquivos excel:

  • (*)Un arquivo relativo ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
  • Outro arquivo relativo aos restantes entes instrumentaisfundamentalmente sociedades e fundacións. Non se inclúen postos de Expoourense, Fundación Semana Verde de Galicia, Fundación Pública Artesanía de Galicia e Xesgalicia por comunicar que non teñen postos que incluír.

E a efectos informativos achégase outro arquivo excel que recolle as prazas convocadas e que polo tanto non poden formar parte desta oferta extraordinaria (986 prazas)

 Criterios comúns empregados na elaboración dos distintos buzóns de postos:

  • Teñen que estar ocupados: a data do 30/12/2021
  • Son postos con forma de provisión: Concurso e Concurso específico.
  • Postos das relacións de postos de traballo (RPT)
  • Postos vacantes, ocupados por persoal interino, temporal ou indefinido (SAI01.- SERVICIO ACTIVO DE INTERINOS, SAI02.- SERVICIO ACTIVO LABORAL TEMPORAL, SAI03, SAI04,  SAI05, SADI1, SADI2.- SERV.ACTIVO LABORAL INDEFINIDO NON FIXO).
  • Recolle os postos da disposición transitoria décima 1ª e 2ª parte do V Convenio Colectivo.

As alegacións deberán ser remitidas a galicia@csif.es antes do día 5 de maio de 2022.

 

buzon 1

buzon 2

buzon 3

Copia de 1.2.2 FUNCIONARIOS-LABORAIS XUNTA-prazas ESTAB+CONSOLID (convocadas) (maestro-OOSS)

Copia de Cadro ENTES(003)

Cadro estabilización CONSORCIO BENESTAR Abril 2022.1

COMPARTIR