Oposicións de promoción interna: Datas e lugar
Función Pública ven de informar as datas dos procesos selectivos de promoción interna dos subgrupos A1, A2, C1 e C2
Celebraranse o vindeiro 3 de xullo en en Silleda en quendas de mañá e de tarde
31 de Mayo de 2021

Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas as persoas aspirantes poderán comprobar na páxina Web da Dirección Xeral da Función Pública, tanto o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada, a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas. Non se permitirá cambio ningún de sede.

A celebración de ditos procesos conta coa autorización provisional de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia.