Última hora: Función Pública acaba de anunciar as datas de exames de psicoloxía, asistente/traballo social, bioloxía, medicina e A1 Superior/TS 004
Función Pública acaba de publicar na súa web o anuncio de data de exames para as seguintes oposicións:
20 de marzo: - A1 Psicoloxía, I-006 Psicólogo, A2 Traballo Social, II-017 Asistente social
21 de marzo: - A1 Corpo superior, I-004 Titulado Superior, A1 Bioloxía, A1 Mediciña, I-002 Médicos
22 de Febrero de 2021

Disposición Adicional Segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro, faculta ao titular da consellería competente en materia de Función Pública, para establecer medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

Froito de dita habilitación, publícase a previsión das datas e lugares nos que esta previsto que se realicen os procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada polo covid-19.

Ditos procesos poderán celebrarse en distintas sedes e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocadas.

As sedes previstas son:

SILLEDA: Feira Internacional de Silleda, Recinto Ferial, s/n - 36540 Silleda (Pontevedra).

LUGO: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, rúa Acceso Complexo Dep. Palo, s/n - 27004 Lugo

Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas as persoas aspirantes poderán comprobar na páxina Web da Dirección Xeral da Función Pública, tanto o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada, a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas. Non se permitirá cambio ningún de sede.

A celebración de ditos procesos conta coa autorización provisional de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia.

A confirmación será solicitada pola DXFP dez dias antes da súa celebración.