Medidas especiais nas listas de contratación derivadas da emerxencia sanitaria
Medidas especiais en materia de listas de contratación de persoal laboral temporal ou de persoal funcionario interino derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

A modificación ten vixencia limitada á duración da declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020.
29 de Enero de 2021

O Diario Oficial de Galicia publica, no día de hoxe, a LEI 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, que recolle, entre outras cuestións, unha modificación das condición establecidas no Decreto 37/2006 de listas de contratación en relación có prazo de penalización e a solicitude de reincorporación formulada polas persoas integrantes das listas que solicitasen previamente a suspensión das citacións. Esta norma entra en vigor mañá, 30 de xaneiro de 2021.

En concreto, a nova lei establece:

  • O período de penalización nas listas para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia terá unha duración de seis meses. (ANTES A PENALIZACIÓN ERA DUN ANO)
  • A solicitude de reincorporación formulada polas persoas integrantes das listas que solicitasen previamente a suspensión das citacións, por non estaren prestando servizos a través delas, producirá efectos ao día seguinte ao da súa presentación. (ANTES PRODUCÍA EFECTOS AOS DEZ DIAS)