O PP presenta unha emenda parlamentaria para restrinxir o acceso á segunda actividade no SPIF
Esixirán 25 anos de servizo na escala ou especialidade para acceder á segunda actividade. A nova regulación terá efectos a partir da conversión do persoal laboral en funcionario.

O Grupo Parlamentario Popular ven de presentar unha emenda a Lei de medidas fiscais e administrativas para modificar a Lei 2/2015 de Emprego Público de Galicia e alterar as condicións de acceso á segunda actividade do persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais. A emenda modifica o título e os apartados 1 e 2 da disposición adicional décimo cuarta da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia:

  1. A segunda actividade do persoal das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais da Xunta de Galicia e das distintas especialidades de bombeiros forestais das diferentes escalas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, que en todo caso será voluntaria, consistirá no pase á realización de tarefas que non impliquen unha prestación directa de labores de extinción de incendios.
  2. Poderá solicitar pasar á segunda actividade o persoal das anteriores escalas e especialidades que cumpran os requisitos que a continuación se indican:
  3. Ter cumpridos os 60 anos de idade.
  4. Ter desempeñado 25 anos de servizo nestas escalas ou especialidades.
  5. Formular solicitude nos termos previstos regulamentariamente”

Tras a modificación normativa proposta polo Partido Popular, e para o persoal que se funcionariza, quedará sen efecto o acordo en de segunda actividade para o persoal laboral do SPIF, que tras a demanda ganada por CSIF, permitía o acceso á segunda actividade a todo o persoal, xa fora temporal ou fixo, sen ter que acreditar un período mínimo de servizos prestados.

Asemade, o réxime de aplicación da segunda actividade para o persoal funcionarizado queda supeditado a un futuro desenrolo regulamentario a negociar coas organizacións sindicais.

Esta modificación da Lei de emprego público non foi comunicada nin negociada en ningunha mesa de negociación. Coma sempre, andan ás agachadas e ocultando a letra pequena dunha funcionarización mal negociada e que obriga ao persoal laboral a ir a cegas a un proceso cuxas consecuencias, como se pode ver, non están claras.