Novas de Función Pública: Vacacións, Teletraballo, OPE’s 2020/21, Oposicións, Consorcio I+B etc.
Información en materia de emprego publico facilitada polo Director Xeral de Función Pública na Comisión de Persoal do día 27 de novembro de 2020
30 de Noviembre de 2020

1.- Vacacións, permisos e licenzas.

Despois das peticións formuladas pola CSIF, Función Pública comprométese a incluír na Mesa Xeral do día 01 de decembro a negociación da ampliación do desfrute das vacacións e permisos ata o 31 de marzo de 2021, dada a situación sanitaria.

2.- Teletraballo.

Será publicado en breve a nova regulación do teletraballo, froito do acordo acadado entre a Administración da Xunta de Galicia e unicamente o sindicato CIG.

Respecto a petición da CSIF sobre a ampliación excepcional do réxime de teletraballo por motivos da COVID-19, o Director Xeral remítese ao texto aprobado, negándose a contemplar novas ampliacións.

3.- OPE’s.

OPE 2020: Será levada á Mexa Xeral de Negociación de Empregados Públicos do vindeiro día 01 de decembro de 2020.

OPE 2021: O Director Xeral afirma que será aprobada ao longo do primeiro trimestre do ano 2021.

4.- Procesos Selectivos.

Os procesos se retomarán a partires o mes de febreiro, consonte ao protocolo COVID-19 xa aprobado e ás novas previsións contidas no proxecto de modificación da Lei do emprego público de Galicia (desenvolvemento dos procesos en varias sedes, distintas quendas con distintos exercicios, etc.)

Así mesmo, o Director Xeral comprometeuse a remitir un cronograma de desenvolvemento no dito mes de febreiro.

5.- Modificación do EBEP.

O Director Xeral de Función Pública manifesta que a proposta da Xunta de Galicia feita no foro da Comisión de Coordinacion de Emprego Público, é a de ofertar todas as vacantes cubertas por persoal interino.

6.- Consorcio de I+B.

O dia 1 de decembro de 2021 publicarase no DOG a modificación dos Estatutos e normas de funcionamento para a adaptación do dito ente a Lofaxga.

7.- Plan de actuacións fronte a propagación de abrochos da COVID-19 no centros intervidos de residencias de maiores e outros centros sociosanitarios.

CSIF manifestouse en contra, toda vez que parte das medidas contempladas supoñen unha modificación do V Convenio Colectivo, polo que non procede levalo á Comisión de Persoal obviando a súa preceptiva negociación a través do Comité Intercentros.