Borrador Acordo de Teletraballo na Xunta de Galicia
Función Pública ven de remitir o borrador do “Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na administración da Xunta de Galicia”.

O prazo habilitado para remitir alegacións é ata o 21 de outubro de 2020, xa que a reunión será o venres 23 para estudar as alegacións propostas.

Alegacións ao borrador de Teletraballo na Xunta de Galicia
16 de Octubre de 2020

BORRADOR DO ACORDO SOBRE A PRESTACIÓN DE SERVIZOS NA MODALIDADE DE TELETRABALLO NA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1.- Obxecto e ámbito de aplicación.

1. Este acordo ten por obxecto regular as condicións e o procedemento para autorizar a prestación de servizos na modalidade de teletraballo ao persoal da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia incluído dentro do ámbito de aplicación.

2. As disposicións deste acordo serán de aplicación ao persoal funcionario e ao persoal laboral que preste servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma ou nalgunha das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que ocupe un posto de traballo susceptible de ser desempeñado na modalidade de teletraballo.

3. Non lle será de aplicación ao persoal ao que se refiren os artigos 6 e 12 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Non obstante, si lle serán aplicables estas disposicións ao persoal pertencente aos corpos e escalas de persoal docente, estatutario ou ao servizo da Administración de xustiza que estean prestando servizos en virtude de procedementos de provisión en postos ou unidades da Administración xeral da comunidade autónoma.


Consulta aquí as Alegacións (2020-10-21)

Consulta aquí o Documento (2020-10-16)