CSIF propón o establecemento dun programa de seguimento de secuelas post-covid na Xunta de Galicia.
CSIF insta ao Comite Intercentros de seguridade e saúde laboral o establecemento dun programa específico de seguimento de secuelas post-covid para os empregados da Xunta de Galicia
10 de Septiembre de 2020

No día de hoxe, a CSIF presentou o seguinte escrito ante Comité Intercentros de seguridade e saúde laboral da Xunta de Galicia:

«Solicitude de inclusión na orde do día do vindeiro Comité Intercentros de seguridade e saúde laboral dunha proposta para o establecemento dentro do procedemento de vixilancia da saúde (recoñecemento médico) dun programa específico de seguimento de secuelas post-covid para os empregados públicos da Xunta de Galicia.

Na Xunta de Galicia estanse detectando diversos casos de empregados públicos como positivos por Covid-19 que, tras a referida diagnose, comporta nos diferentes departamentos ou unidades administrativas a activación dunha serie de medidas de tipo preventivo e/ou organizativo, segundo sexa o caso.

Non obstante, non se dispón dun mecanismo ou programa específico de seguimento que estude e valore a situación médica, física e funcional daqueles empregados públicos que fosen diagnosticados de Covid-19.

A este respecto, as autoridades sanitarias e a comunidade científica están alertando das posibles secuelas e alteracións derivadas da Covid-19 nas persoas que a padeceron, independentemente dos síntomas que amosasen durante a referida enfermidade.

Neste senso, e con carácter xeral, descríbense unha serie de posibles secuelas en diversas áreas funcionais, ben sexan de tipo pulmonar (alteración de función pulmonar, fibrose pulmonar), cardioloxicas (míocardiopatías víricas, cardiopatía isquémica), renais (insuficiencia renal), hepáticas (elevación persistente das encimas hepáticas), posibles enfermidades de trombose, xunto co incremento na afectación daquelas outras posibles secuelas de pacientes que tivesen que ser ingresados como consecuencia da Covid-19, tales como as derivadas dunha inmobilidade prolongada (úlceras por presión, trastornos miopáticos ou neuropáticos) ou unha alteración cognitiva, entre outros.

Por tal motivo, advírtese e aconséllase na necesidade de facer un seguimento no tempo destes pacientes (sintomáticos ou asintomáticos) coa finalidade de realizar unha exploración física singular e diversas probas complementarias (analíticas, estudo serolóxico, radiolóxico e electrocardiogramas) coa finalidade de avaliar e prever futuros problemas respiratorios ou motores.

En consecuencia, proponse a necesidade do establecemento dun programa concreto e específico de seguimento de secuelas post-covid para os empregados públicos da Xunta de Galicia que estea incardinado dentro do procedemento xeral de vixilancia da saúde a semellanza doutros procedementos ou recoñecementos médicos de carácter especial, unha vez que este sexa diagnosticado con PCR negativo tras a alta médica.»