Alegacións ao borrador de Protocolo de elección de destino modalidade electrónica
Alegación técnica ao Protocolo de elección de destino mediante a modalidade electrónica
10 de Agosto de 2020

Tras recibir numerosas queixas de empregados públicos, advertimos que no borrador protocolo para o procedemento de elección telemática de destino respecto dos procesos de promoción interna este non permite, a diferenza da posibilidade existente na súa modalidade presencial, de que o opositor poida solicitar quedar en excedencia voluntaria por prestación no servizo público unha vez que coñeza o posto de traballo concreto e específico ao que opta no momento que se lle da a elixir o devandito posto.

Por tal motivo, dende CSIF, acabamos de remitir, sen prexuízo doutras alegacións que poidamos formular ao longo na negociación deste borrador, unha proposta que permita paliar esta diferenza e discriminación con respecto da elección de destino presencial así como á limitación dun dereito do empregado público:

Así, solicitamos que no sistema informático se introduza na columna onde figuran os postos de traballo para a súa colocación por orde de preferencia unha opción que recolla a “Excedencia voluntaria por prestación no servizo público” coa finalidade que o opositor poida introducir a numeración por orde de preferencia dos postos que desexe optar e tras destes poida tamén indicar a referida excedencia, de forma tal que a partir desta elección de excedencia xa se lle asigne á referida situación e automaticamente sexa excluído da conseguinte correlación e atribución dos postos situados máis abaixo desta opción. A modo de exemplo:

  1. Posto XXXX

  2. Posto YYYY

  3. Posto ZZZZZ

  4. EXCEDENCIA ( É dicir, coa implantación deste sistema, o empregado público pasaría automaticamente a excedencia voluntaria por prestación no servizo público se non lle fose asignado ningún dos 3 postos seleccionados con anterioridade a esta opción)

  5. (...)