A Xunta inicia o paripé das negociacións na Mesa Xeral para a Promoción Interna
A Función Pública prentende aprobar os procesos de promoción interna no período vacacional.
17 de Diciembre de 2019
Promoción interna na Xunta de Galicia.
Sen apenas tempo para estudar as alegacións remitidas polos sindicatos e cunha ficticia reunión previa o día 17 na que, en apenas catro horas pretenden abordar catro procesos de promoción interna e cinco de funcionarización, Función Pública convoca a Mesa Xeral de Negociación dos Empregados Públicos, con carácter extraordinario para o día 18 de decembro.

A pretensión de Función Pública é a de aprobar estes procesos nunha Comisión de Persoal en pleno período de vacacións de Nadal. E todo isto para mermar a capacidade de negociación dos sindicatos que non asinamos o Acordo de concertación e, sobre todo, evitar que os funcionarios teñan coñecemento da nova tropelía que a Dirección Xeral de Función Pública e CCOO e UXT pretenden facer.

Os borradores poden consultarse nestes enlaces: A1, A2, C1 e C2.