- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
Os socialistas piden contas ao Goberno Galego e o Grupo Mixto solicita que se cre á figura do ‘observador da legalide’ que xa pediu o sindicato independente
CSI-F denuncia que, desde que se fixeron públicas as sentenzas, Facenda paralizou de novo as negociacións para fixar as instrucións dos procesos selectivos
O PSdeG, a través da súa deputada responsable de Función Pública, Noela Blanco, e o Grupo Mixto, coa súa deputada Carmen Iglesias á fronte, fixéronse eco no Parlamento das sentenzas xudiciais que denunciou e fixo públicas CSI-F Galicia nas que se constata que a Xunta actúa con total discrecionalidade nos tribunais de oposicións e nas que se evidencia unha total falta de control e arbitrariedade. As sentenzas, tanto do TSXG como do Tribunal Supremo, argumentan que “a actividade do tribunal (de selección) escapa a todo tipo de control, mesmo en vía xurisdiccional”.
Antes estas situación, CSI-F reclamou, entre outras medidas, a creación da figura sindical do “observador da legalidade”, que non formaría parte dos tribunais de selección pero participaría con voz, e sen voto, no tipo de probas e, sobre todo, no control da avaliación. Esta figura xa está implantada noutras Administracións para garantir a legalidade e o bo desenvolvemento dos procesos.
CSI-F sostén, ademáis, que desde que fixo públicas estas sentenzas, a Consellería de Facenda volveu paralizar ás negociacións para fixar as instrucións para os procesos selectivos, que se acaban de retomar despois da primeira paralización en 2010. “Polo que se ve a Xunta non ten ningún tipo de interese en que os procesos selectivos sexan transparentes e baseados en criterios obxectivos”, asevera, e lembra que o compromiso de Función Pública era aplicalos na OPE de este ano.
Pregunta oral do PSdeG
A deputada socialista, que presentou unha preguntal oral no Parlamento para coñecer que medidas que pensa adoptar á Xunta para dar resposta a estas setenzas e para evitar ás arbitrariedades, critica que o Goberno galego aluda a “casos illados” cando, puntualizou, “basta que exista un só opositor indefenso diante dun recurso e que vulneren os principios de mérito e capacidade para que este Grupo Parlamentario amose a máxima preocupación”.
Proposta Grupo Mixto
Pola súa parte, o Grupo Mixto presentou unha Proposición non de lei para o seu debate coas seguintes propostas:
Santiago de Compostela, 6 de maio 2016