REXEITAMOS OS CRITERIOS ELECTORALISTAS DA CIG PARA REDUCIR Á METADE AS PRAZAS DA OPE 2016 PARA PERSOAL LABORAL
22 de Abril de 2016

COMUNICADO CONXUNTO DE CCOO, CSIF E UGT: A CIG DENUNCIA A OPE 2016 PARA O PERSOAL LABORAL

  • De prosperar dita denuncia as prazas ofertadas reduciranse á metade.

  • A CIG ven de interpor Conflito Colectivo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denunciando o Acordo polo que se configura a OPE do 2016 para o persoal laboral da Xunta de Galicia e denunciando aos sindicatos asinantes do mesmo (CC.OO, CSI•F e UGT) así como á Xunta de Galicia. Acordo, polo que se duplica o número de prazas de promoción interna e acceso libre para as categorías do SPDCIF e resto de oferta de persoal laboral con respecto á proposta inicial da Xunta de Galicia.
  • Este acordo permite ofertar o seguinte número de prazas:

CATEGORÍAS

PLAZAS TURNO LIBRE

PLAZAS P. INTERNA

Conductor Autobomba

30

30

Vigilante

10

10

Emisorista

10

10

Peón

22

22

Peón-Conductor

22

22

Aux. Enfermeria

70

96

Camareir@/limpador@

76

76

  • Con esta demanda a CIG pretende reducir as prazas de oferta pública quedando da seguinte maneira:

CATEGORÍAS

PLAZAS TURNO LIBRE

PLAZAS P. INTERNA

Conductor Autobomba

15

15

Vigilante

5

5

Emisorista

5

5

Peón

11

11

Peón-Conductor

11

11

Aux. Enfermería

35

35

Camareir@/limpador@

38

38

O que a CIG pretende, coa súa denuncia ante o TSXG, é reducir á metade á Oferta de Emprego Público. De saír adiante as súas aspiracións, o persoal temporal virá reducida á metade ás súas expectativas de consolidación de emprego, así como tamén as verán reducidas todas aqueles que aspiren a unha praza pola quenda de acceso libre. E a única razón para elo é meramente política: “Non chegar a acordos cun goberno do PP”, con independencia de que ditos acordos beneficien aos traballadores.

UGT, CCOO e CSIF sempre defenderemos os intereses dos traballadores que representamos e loitaremos contra aqueles que pretenden romper a UNIDADE SINDICAL que se plasma na PLATAFORMA EN DEFENSA DO SPDCIF e neste acordo que reduce a alta interinidade do persoal laboral.

Así mesmo, desde CSI•F, UGT e CC.OO rexeitamos e consideramos reprobable que criterios políticos e electoralistas se superpoñan aos intereses sindicais que son os únicos que deben prevalecer en calquera organización que di defender aos traballadores.

As tres centrais sindicais asinantes do Acordo xa anunciamos que nos personaremos no Conflito Colectivo interposto pola CIG para defender os intereses lexítimos do persoal laboral da Xunta de Galicia a consolidar o seu emprego, así como os daqueles que aspiran a obter un posto de traballo na Administración.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2016.

CCOO CSI•F UGT