Proposta sobre resolución vacacións, permisos e licenzas‏
19 de Noviembre de 2015
Resolución do de novembro de 2015 da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas.

O Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei 7/2007 do Estatuto básico do empregado público, regula no artigo 48 os permisos dos funcionarios públicos e no artigo 49 os permisos por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e por razón de violencia de xénero. Así mesmo, o artigo 50 regula as vacacións.

O artigo 48 do Estatuto Básico do Empregado Público foi modificado a través do Real Decreto-lei 10/2015, do 11 de setembro que aprobou unha serie de medidas entre as que se atopa a restitución do sexto día de asuntos particulares para todos os funcionarios públicos de todas as Administracións, e o incremento de días de permiso por asuntos particulares en función da antigüidade e de vacacións igualmente en función da antigüidade.

(Máis)

Ver Galería