MANIFESTACIÓN O 14 DE ABRIL PARA RECLAMAR UNHA MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLADO DA ÁREA DE BENESTAR
08 de Abril de 2015
O Comité Intercentros de Persoal Laboral, integrado por CSI-F, CCOO, UXT e CIG, convoca unha manifestación en Santiago de Compostela o día 14 de abril para esixirlle á Xunta de Galicia unha mellora nas condicións de traballo dos empregados públicos da área de Benestar. A lema da protesta será "Pola dignidade das condicións de traballo na área de Benestar. Recuperación do convenio colectivo xa!".
A manifestación, que comezará ás 10.30 horas, partirá da residencia Porta do Camiño, e finalizará ás 12.00 horas fronte ás instalacións da Administración en San Caetano.
Ver Galería
Ficheros Adjuntos: