COMISIÓN DE PERSOAL – 20 DE SETEMBRO
26 de Septiembre de 2011

O pasado 20 de setembro de 2011, tivo lugar a Comisión de Persoal cos seguintes puntos no orde do día:
Punto primeiro: Lectura e aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións anteriores.
Dado que as referidas actas se mandaron o mesmo día da reunión, quedan para a súa lectura e aprobación, se procedese, na vindeira Comisión de Persoal.
Punto segundo: Proposta de modificación da RPT da Consellería de Traballo e Benestar.
CSI-F vota en contra desta proposta de RPT, pois tras as alegacións presentadas por esta central sindical non se tiveron en conta e só se procedeu a corrixir determinados erros de feito.
Apróbase a modificación da RPT de Traballo e Benestar co voto en contra das OO.SS, quedando pendente de trámite a súa aprobación polo Consello da Xunta e a súa posterior publicación no DOG.

Punto terceiro: Informe do acordo de incoación de expedientes disciplinarios a persoal laboral da
Consellería de Medio Rural.
Infórmasenos da incoación destes expedientes disciplinarios.
Punto cuarto: Rogos e Preguntas.
Solicítase á D.X de Función Pública información sobre as seguintes cuestións;
- Estado do concurso de Traslados do persoal laboral Grupo V: Infórmasenos que prevé sacar a listaxe de valoración de méritos a finais de outubro ou principios de novembro.
- Estado do FAS 2010: Infórmasenos de que a finais de mes teñen previsto facer públicas as listas provisionais, pois teñen sobre unhas 35.000 solicitudes das cales xa están informatizadas unhas 25.000. En canto ao FAS 2011, prevén iniciar a negociación das bases antes de finais de ano.
- Temarios da parte especifica do proceso de consolidación do persoal laboral: Infórmasenos de que os temarios foron remitidos as diferentes Consellerías para o seu axuste aos criterios establecidos na xuntanza de F.P coas OO.SS e que están a espera da súa remisión.
- RPT da Consellería de Medio Rural: Infórmasenos por parte dos representantes desta Consellería que teñen previsto remitir a proposta desta RPT para o inicio da súa negociación a finais deste mes de setembro.