CONCURSO DE TRASLADOS PERSOAL LABORAL – GRUPO V
19 de Septiembre de 2011

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso 01/2011 para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor reclamación administrativa previa á vía xudicial laboral ante o titular da Dirección Xeral da Función Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Resolución do 9 de setembro, DOG do 15 de setembro
Consulta da 1ª Fase – Lista definitiva de admitidos e excluídos
Consulta individualizada