FASE 3: DESESCALADA NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE GALICIA
Esta mañá CSIF asistiu a unha nova videoconferencia coa Dirección Xeral de Xustiza na que nos deron traslado do borrador da Resolución do 8 de xuño de 2020, pola que se regula a fase 3 do Plan de desescalada para a Administración de xustiza en Galicia.
08 de Junio de 2020

VACACIÓNS:

A DX indicou que haberá unha mesa esta semana para concretar todolos aspectos se ben sinalou que durante os meses de Xuño, Xullo e Setembro a porcentaxe de traballador@s deberá ser do 70%, cun 30% por tanto de vacacións. No mes de Agosto: día 1 a 10 o 30% traballando e do 11 a 31 0 20% traballando.

CSIF OPUXOSE toda vez que non poden condicionar un dereito laboral a unhas porcentaxes mínimas, conculcando ademáis o dereito a conciliación familiar.

HORARIO:

Seguirá sendo o mesmo de seis horas, de 7:30 a 15:00 horas.

FASE 4:

Entrará cando remate o estado de alarma e perdurará ata tres meses depois.

LIMPEZA:

Amplian os turnos para estar 2 persoas de mañan nas sete grandes cidades e unha persoa nas vilas, tamén no turno de mañan. Limparanse tamén as sás de vistas entre cada xuizo. Os protectores plásticos para os micros están pedidos pero aínda non chegaron. As mamparas están pedidas e posiblemente se coloquen nesta semana.

PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE:

Hai que solicitalo novamente, evaluando cada caso concreto.

Csif esixiu que se nome interino nas prazas vacantes por patoloxias ou deber inexcusable.

SUBSTITUCIONS E INTERINOS:

Csif esixiu que se publiquen as substitucions na páxina web de xustiza.gal, a fin de que sexa máis doada a súa consulta. Esta semana publicarán as prazas de interinos e o xoves as substitucions.

PROLONGACIONS DE XORNADA:

Empezaranse a pagar os xulgados de violencia a partir desta semana.

EPIS:

Esta semana se va hacer un envio a decanato para 15 dias y para repartir a cada juzgado. Csif insistiu na necesidade de suministrar teléfonos con auriculares, manifestando a DX que van intentar poñelos.

TELETRABALLO:

CSIF reiterou novamente a necesidade de que o teletraballo sexa voluntario, non soamente naqueles órganos onde non se cumpra a distancia de seguridade. Ademáis, solicitou que, no mesmo xeito que noutros países, se sufraguen os gastos que xeneren, como luz, datos, arranxos, etc., con posibilidade de franxa voluntaria na metade do tempo traballado.

TURNOS DE TARDE:

Ante as numerosas queixas recibidas pola incompatibilidade familiar, Csif insistiu a fin de que se permita facer turnos de tarde a todos aqueles traballadores/as que non poidan realizar o traballo de mañan por mor de cativos ou maiores dependentes.

CITA PREVIA:

Csif solicitou que se poida pedir cita previa a través da paxina xunta.gal a fin de evitar ocupar un tempo con atención telefónica continuada. Amtega ten un protocolo e sairá un calendario para pedir día e hora. Tamen pedimos que os poderes se fagan a través da mesma páxina, manifestando a xunta que si ten certificado electrónico podeo facer un mesmo e, en caso contrario, vai o despacho do procurador, asina o poder e é o procurador quen o remite a través da devandita páxina.

Accede á Resolución definitiva e aos anexos: