Comisiones de Servicios: Galicia (nueva creación) y Andalucía
05 de Febrero de 2021

CSIF JUSTICIA INFORMA: Comisiones de servicios

Galicia : Publicada na intranet xudicial a Resolución do 4 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza

O prazo de presentación de solicitudes será do 08/02/2021 ata o 12/02/2021

Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais, o persoal funcionario de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que se atope en situación de servizo activo no mesmo corpo dos postos que se convocan e que no prazo de presentación de solicitudes leve prestando como mínimo seis (6) meses de servizos no posto desde o que participa, xa sexa provisional ou definitivo.

Solicitudes

As persoas interesadas, deberán presentar unha instancia axustada ao modelo que se axunta como Anexo II a esta resolución. Na solicitude deberanse enumerar, por orde de preferencia, as unidades e localidades que se solicitan.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza:

http://intranet.xustiza.gal/inicio

e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo:

http://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza (Rúa Madrid, 2-4, planta 2ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela) e presentaranse nos rexistros administrativos da Xunta de Galicia ou de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As que se presenten nas oficinas de Correos enviaranse por correo certificado, para cuxo efecto se presentarán nas citadas oficinas en sobre aberto co obxecto de seren datadas e seladas polo funcionario de Correos antes de seren remitidas. Os solicitantes deberán enviar a solicitude que teña o selo da oficina de Correos, sen que se poidan admitir as instancias que non cumpran este requisito unha vez transcorrido o prazo de presentación.

Ademais, as solicitudes deberán adiantarse, no citado prazo de dez (10) días hábiles, ao correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, para axilizar a súa tramitación.

false