- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
PRAZO de presentación de solicitudes será de 8 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.gal/cas/login?service=https%3A%2F%2Fegap.xunta.gal%2Fmatricula%2F
, e non son admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da intranet: https://egap.xunta.gal/marticula unha vez que se compelete correctamente o proceso de matriculación.
As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil.
No prazo de presentación de solicitudes establecido na letra a) desta base as persoas solicitantes deberán achegar por correo electrónico ao enderezo xestion.egap@xunta.gal, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:
1. Documento que acredite a antigüidade na Administración de xustiza tomando como referencia a primeira toma de posesión.
2. De ser o caso, a documentación complementaria que acredite circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) para os efectos da selección.
A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa
solicitante.
Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
d) Cada persoa só poderá solicitar unha edición dos cursos convocados.