CSIF Sanidade imparte aos seus afiliados un curso preparatorio da parte común da OPE SERGAS

6 de febrero de 2023

-Esta actividade formativa abrangue a todas as categorías dentro do proceso de estabilización
-Os cursos están a desenvolverse de xeito presencial en A Coruña, Lugo e Santiago e vía telemática en toda Galicia

CSIF Sanidade vén de poñer en marcha unha actividade formativa para os seus afiliados/as para preparar a parte común da OPE SERGAS de proceso de estabilizacíón.

Esta actividade de actualización en normativa sanitaria ten como obxecto axudar a afianzar os coñecementos correspondentes nesta materia aos profesionais que se enfrentarán proximamente á OPE, aos que se lles fai entrega do material preciso. Ten unha duración de 16 semanas, acreditada con 40 de formación.

Está a ser imipartida en dúas modalidades, de xeito presencial en A Coruña, Lugo e Santiago, ou vía telématica en toda Galicia.

 

 

COMPARTIR