Mesa Secotorial do Ensino 29 de outubro: Concursos específicos de adultos e orientación e postos de especial dificultade

  • Convocatorias

27 de d’octubre de 2026

CSIF ENSINO GALICIA

Mesa Sectorial Docente: convocatoria do 29 de outubro

Concursos específicos de adultos e orientación e postos de especial dificultade.

A próxima sesión da Mesa Sectorial Docente non Universitaria celebrarase o xoves 29 de outubro de 2026, ás 10.30 h, na aula «Colmeiro» da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Información destacada

Na sesión abordaranse os borradores dos concursos de traslados específicos de educación de persoas adultas e de xefaturas dos departamentos de orientación, así como o borrador da orde sobre centros e postos cualificados de especial dificultade.

Trátase de borradores para a súa negociación na Mesa. Esta convocatoria da reunión non abre un prazo de solicitudes para os concursos.

Orde do día e documentación

1. Aprobación da acta da sesión anterior

Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o 13 de outubro de 2026.

Documentación pendente: a acta achegarase tan pronto como estea dispoñible.

2. Concurso de traslados específico de educación de persoas adultas

Análise do borrador da Orde de 2026 pola que se convoca o concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

Consultar o borrador do concurso de adultos (PDF)

3. Concurso de traslados específico de orientación

Análise do borrador da Orde de 2026 pola que se convoca o concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación.

Están pendentes de achegar as vacantes correspondentes a este concurso.

Consultar o borrador do concurso de orientación (PDF)

4. Centros e postos de especial dificultade

Análise do borrador da Orde de 2026 pola que se establecen os centros e os postos cualificados de especial dificultade.

Consultar o borrador da orde de especial dificultade (PDF)

5. Rolda final de intervencións

A sesión rematará coa rolda final de intervencións.

Documentación pendente

Segundo a comunicación recibida, a acta do 13 de outubro e as vacantes do concurso específico de orientación achegaranse tan pronto como estean dispoñibles.

Descargar a convocatoria da Mesa Sectorial (PDF)

CSIF Ensino Galicia
Por ti, contigo no ensino.

COMPARTIR