Publicación das listaxes provisionais das comisións de Saúde curso 26/27
- Concursos y movilidad
- Comisiones de servicios
19 de de juny de 2026
Publicada a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas de comisións de servizos en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2026/27, correspondente ao procedemento ED010B.
A resolución aproba e fai públicas as listaxes provisionais correspondentes ao corpo de mestres, Secundaria e outros corpos e Relixión.
📅 Prazo de alegacións
As persoas interesadas poderán formular alegacións desde o 22 de xuño ata o 29 de xuño de 2026, ambos incluídos.
As alegacións deberán presentarse por medios electrónicos a través do trámite “Alegacións” activado no procedemento normalizado ED010B.
📝 Como presentar alegacións
- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Autenticarse con Chave365 ou certificado electrónico.
- Localizar o último expediente presentado do procedemento ED010B.
- Premer en Acción e escoller o trámite Alegacións.
- Encher o formulario, anexar documentación se procede, asinar e presentar electronicamente.
Importante: se existen varias solicitudes presentadas, debe escollerse sempre a última solicitude presentada. Non se tramitarán alegacións formuladas sobre solicitudes anteriores.
📎 Documentación oficial
Resolución provisional Anexo I · Mestres Anexo II · Secundaria e outros Anexo III · RelixiónInformación elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da publicación oficial da Consellería. Recoméndase consultar sempre a resolución e os anexos completos.