CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP asinamos coa Consellería unha addenda ao Acordo sobre medidas de mellora

  • Negociaciones y acuerdos

6 de de febrer de 2026

📣 Negociación · Horario lectivo
Addenda ao Acordo sobre medidas de mellora: redución do horario lectivo

CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP asinamos coa Consellería unha addenda ao Acordo sobre medidas de mellora para impulsar a súa aplicación efectiva e mellorar as condicións de traballo do profesorado.

📎 Documentación adxunta

Xunto a esta noticia adxúntanse para consulta:

✅ Que é?

Unha precisión técnica para garantir unha aplicación coherente do acordo, sen alterar a súa finalidade nin o contido esencial.

🔧 Que se modifica?

Elimínase a referencia ás 35 horas semanais, ao non terse producido ese cambio con carácter xeral para todo o persoal da Xunta de Galicia e, polo tanto, carecer de efectos prácticos.

🎯 O importante agora: redución do horario lectivo

Abordar a redución do horario lectivo do profesorado en Secundaria, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial.

📆 Cando? Efectos previstos

Efectos previstos xa no inicio do curso 2026–2027.

📌 Tratamento na Mesa Sectorial

Calquera medida que afecte ás condicións laborais do profesorado deberá tratarse na Mesa Sectorial.

➡️ Outras demandas na comisión de seguimento
  • Mellor atención á diversidade.
  • Menos burocracia.
  • Redución progresiva de ratios.

Recoméndase a lectura completa da addenda e do comunicado conxunto para coñecer o alcance exacto do acordo.

Fitxers adjunts

COMPARTIR