Relación provisional de persoas admitidas e excluídas, de puntuacións provisorias e de adxudicación provisional concurso de méritos PRAZAS SOMETIDAS A CONVENIO
23 de de juliol de 2025

Xúntase a Resolución do 23 de xullo de 2025 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 23 de xuño de 2025 (DOG n.º 122, do 27 de xuño)
O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos no procedemento normalizado ED013C no prazo comprendido entre o día 24 de xullo ata o 31 de xullo de 2025, ambos incluídos.
- Para formular reclamacións deberá elixir o trámite “Alegacións” da solicitude de participación ED013C presentada na sede electrónica (lembre: o trámite debe realizarse na última solicitude presentada en sede electrónica neste procedemento).
Unha vez cuberto, debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.
- Para formular renuncia deberá elixir o trámite “Renuncia” da solicitude de participación ED013C presentada na sede electrónica (lembre: o trámite debe realizarse na última solicitude presentada en sede electrónica neste procedemento).
Unha vez cuberto, debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.