Publicación da composición dos tribunais de valoración da proba de coñecemento de lingua galega oposicións GALICIA 2025
- Empleo
- Oposiciones
2 de de maig de 2025

Resolución do 30 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
A proba realizarase no seguinte día, hora e lugar:
Data: 14 de maio de 2025
Hora: ás 18:30 horas.
Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5 Santiago de Compostela (A Coruña)