Resolución da convocatoria do VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio para o curso 2024/25
- Convocatorias
30 de d’abril de 2025

Resolución do 28 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dos centros galardoados e correspondentes premios do VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
Concédense os premios que se relacionan no anexo I da devandita resolución, polos traballos que se especifican nas distintas modalidades. Os podcasts seleccionados serán difundidos a través da páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio https://agalegaaudio.gal/ .
Así mesmo, recibirán difusión a través dos canles de comunicación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).