DOG: Cursos de linguaxe administrativa galega e Celga nas Escolas Oficiais de Idiomas.

  • Idiomas

23 de de juny de 2026

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.

Convócanse, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2026/27, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto desta resolución.

O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

– Desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.

– Desde o do 2 ao 13 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260623/AnuncioG0761-150626-0001_gl.html

COMPARTIR