CSIF GALICIA PRESENTOU INFORME ANTE A COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO MINISTERIO SOBRE A IMPLANTACION DA NUMO.
- CSIF Informa
8 de d’abril de 2026
Hoxe, día 8 de abril, o Ministerio de Xustiza, a pedimento deste sindicato CSIF, convocou a COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA NUMO, para valorar a súa implantación nos distintos territorios.
Desde CSIF GALICIA remitiuse o correspondente informe sobre a caótica situación que estamos a atravesar e que, de non corrixirse, chegaremos a consecuencias impredicibles.
Desde o proceso de acoplamento, o que se deixou patente é a FALTA DE PERSOAL en todos os servizos comúns, tanto en de Tramitación como de execución e no xeneral. A eliminaciòn do Servizo de Apoio , así como a redución de persoal nos Actos de comunicación e en todos os Servizos comúns está a levar a unha SOBRECARGA de traballo dos funcionarios que é inviable e que está a afectar á súa saúde, xerando tensión, ansiedade, depresión........ e outros trastornos.
Esta implantación debería realizarse cunha previsión e organización previa, con información detallada e suficiente, contando cos funcionarios/as para a formación dos equipos e valorando, en todo caso, a voluntariedade e a antigüidade.
Doutra banda, os LAXS delegan todo na oficina e nos funcionarios/as, por tanto, desde CSIF esiximos que os funcionarios cobren polas delegacións que fan os LAXs ou que éstes fagan o seu traballo.
Hai un total caos nas oficinas porque nin os titulares nin os interinos saben a qué posto teñen que ir, noméanos cun código de rpt e colócanos noutro código, é un total desastre e descontrol.
Este sindicato tamén fixo constar que hai unha total falta de coordinación entre letrados, xefes de área, equipo e funcionarios, e, a pesar de que se pediu formación presencial para as Xefaturas , a día de hoxe, seguimos sen contestación por parte da DXX .
Descoñecemos tamén cando se vai comezar a situar ao persoal para que cada área-equipo ou grupo estea no sitio físico que corresponda. A día de hoxe é todo un total descontrol.
CSIF XUSTIZA POR TI, CONTIGO