EGAP: Formación dirixida aos profesionais que atenden as vítimas de todas as formas de violencia de xénero.

  • Formación

24 de de març de 2026

Publicada no DOG a Resolución do 11 de marzo de 2026 pola que se convocan actividades de formación dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente as vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos centros de información á muller de Galicia (CIM); ao persoal do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI); do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (CEMVI); das casas de acollida; das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta e ao persoal das entidades integrantes da Rede galega contra a trata.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de marzo de 2026.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260323/AnuncioO150-120326-0001_gl.html

COMPARTIR